Innehåll tillhandahållet av As Womansplainers. Allt poddinnehåll inklusive avsnitt, grafik och podcastbeskrivningar laddas upp och tillhandahålls direkt av As Womansplainers eller deras podcastplattformspartner. Om du tror att någon använder ditt upphovsrättsskyddade verk utan din tillåtelse kan du följa processen som beskrivs här https://sv.player.fm/legal.
Player FM - Podcast-app Gå offline med appen Player FM !
HR is no longer just about managing people—it’s about shaping the future of work. Jens Baier, BCG’s HR transformation expert, discusses how AI and shifting employee expectations are forcing companies to rethink talent strategies. From re-recruiting to upskilling employees, HR must adapt to a rapidly changing landscape. Learn More: Jens Baier: https://on.bcg.com/41ca7Gv BCG on People Strategy: https://on.bcg.com/3QtAjro Decoding Global Talent: https://on.bcg.com/4gUC4IT This podcast uses the following third-party services for analysis: Podtrac - https://analytics.podtrac.com/privacy-policy-gdrp…
Innehåll tillhandahållet av As Womansplainers. Allt poddinnehåll inklusive avsnitt, grafik och podcastbeskrivningar laddas upp och tillhandahålls direkt av As Womansplainers eller deras podcastplattformspartner. Om du tror att någon använder ditt upphovsrättsskyddade verk utan din tillåtelse kan du följa processen som beskrivs här https://sv.player.fm/legal.
Oímos as vosas preces e neste episodio tratamos o tema da soidade, tanto daquela escollida que é pracerosa, como daquela outra imposta que impacta na saúde mental de tantas persoas. Debemos ter medo da soidade? Pode ser ela unha vantaxe? Como lidamos con algunhas das dificultades a ela asociadas? Escoitade este programa que fixemos con Alva Pico. Pode facervos compañía e levarvos a un lugar aconchegante.
Innehåll tillhandahållet av As Womansplainers. Allt poddinnehåll inklusive avsnitt, grafik och podcastbeskrivningar laddas upp och tillhandahålls direkt av As Womansplainers eller deras podcastplattformspartner. Om du tror att någon använder ditt upphovsrättsskyddade verk utan din tillåtelse kan du följa processen som beskrivs här https://sv.player.fm/legal.
Oímos as vosas preces e neste episodio tratamos o tema da soidade, tanto daquela escollida que é pracerosa, como daquela outra imposta que impacta na saúde mental de tantas persoas. Debemos ter medo da soidade? Pode ser ela unha vantaxe? Como lidamos con algunhas das dificultades a ela asociadas? Escoitade este programa que fixemos con Alva Pico. Pode facervos compañía e levarvos a un lugar aconchegante.
No episodio desta semana acompáñanos a Andrea Otero, psicóloga e taekwondista, para falarmos de artes marciais. Aprendemos que son as artes marciais e en que se diferencian de calquera pelexa da rúa. Segue a ser o terreo das artes marciais un ámbito especialmente masculinizado? Como adoitan aliñarse politicamente estes espazos? É necesaria unha división por xéneros nestas disciplinas? Por suposto, aproveitando a profesión da Andrea, tamén falamos dos beneficios que teñen as artes marciais para a saúde mental e, especialmente, para as persoas neurodiverxentes. Hai unha idade para comezar ou nunca é tarde? É caro? É realista a representación que vemos no audiovisual das escenas de combate? Resolvemos todas estas cuestións e moitas máis no episodio desta semana. Agardámoste preparadas e en garda!…
Neste capítulo falamos con Marinha Area de asociacionismo e movementos sociais na Galiza, levantando cuestións sobre o papel das asociacións e preguntándonos se ás veces son unha resposta á ineficiencia do Estado ou o reflexo dunha sociedade civil participativa. Abordamos a dependencia do financiamento público e o risco de instrumentalización política, que pode transformar en ocasións as asociacións en apéndices de partidos. A participación é tamén un punto central, falamos da súa efectividade, especialmente online, e tamén da renovación xeracional. Están as persoas máis novas desinteresadas e desmobilizadas? E ti? estás disposta a involucrarte neste programa?…
Co mundo adaptándose aínda á segunda chegada de Donald Trump á Casa Branca, as Womansplainers botamos man para falar dos EUA dunha convidada chegada de alén mar: Krisha Kinnersley, de 39 anos, procedente de Michigan e coa perspectiva que da ser de alí mais vivir aquí hai anos. Con ela exploramos os lugares comúns sobre os Estados Unidos, e canto hai de certo nas cousas que cremos saber sobre ese país grazas á súa industria audiovisual. Tamén o que eles pensan sobre o resto do mundo e as semellanzas e os contrastes entre o seu país e o noso. Metímonos co elefante na habitación, ou na Casa Branca, e falamos do fato de perdedores convertidos agora en oligarcas reaccionarios, do seu sistema sanitario, de comercio internacional e política migratoria. Como o farán para que acabe quedando mellor o Papa! Naturalmente deixamos coma sempre tempo para dar as nosas dicas, menos estadounidenses do que podería agardarse. Adéntrate connosco nos Estados Unidos, unha terra de oportunidades… para quen poida pagar o prezo.…
No episodio inaugural do 2025 acompáñanos a Marta Veiga, xornalista e mestra, sospeitosa habitual nas Womansplainers. Nestas datas natalicias é moi común xogar á lotería, intercambiar décimos e mercar rifas. Mais que opinamos da publicidade e cobertura informativa que se lle dá nos medios a este xogo de azar estatal? Causa isto problemas de ludopatía? Que probabilidades hai de gañar? Falamos de supersticións e tradicións arredor da lotería, deteorías da conspiración e de métodos matemáticos que xogan coas reglas do xogo para gañar. Ademais, tamén descubriremos que tipo de sorteos son habituais noutros países e unha lotería mexicana moi especial. Agardamos que desfrutedes do primeiro episodio do ano e que escoitar as Womansplainers siga sendo tradición no 2025!…
Neste capítulo das Womansplainers, abordamos un tema que parece banal, pero que está repleto de historia, cultura e curiosidades: os pés. Exploramos como foron moldados polas normas sociais e culturais ao longo do tempo, desde práticas extremas ata a presión estética actual por ter pés perfectos. Tamén analizamos cuestións de saúde, como o impacto do uso de zapatos incómodos, e discutimos terapias asociadas, como a reflexoloxía. Non deixamos de lado as dimensións máis subxectivas, como o fetichismo, filias e fobias que esta parte do corpo suscita. Metede aquí o pé e escoitade todas as historias que os pés teñen para nos contar.…
E será certo que todo o mundo debería facer terapia? Para comprobalo, esta semana as Womansplainers imos a terapia coa Dra. Iria Veiga, a nosa psiquiatra e opinadora de confianza. Falamos con ela de como a linguaxe terapéutica está a invadir a nosa lingua cotiá, de termos da psicoloxía ou a psiquiatría que permean a nosa comunicación e acaban por perder o seu significado, axudando ás veces ao autocoñecemento, ás veces a autodiagnósticos errados. Discutimos tamén as constelacións familiares, a terapia Gestalt, pseudoterapias e situacións en que facer terapia pode ser máis negativo que non facelo ou onde a terapia substitúe as conversas que antes tiñamos coas veciñas ou co párroco. Sexan as nosas terapeutas e escoiten todo o que necesitamos falar neste episodio!…
A Susana Aríns, mestra, escritora e feminista, acompáñanos neste novo episodio das Womansplainers para falarmos sobre aliados. A que nos referimos cando falamos dun aliado? Como se pode ser un bo aliado dunha causa? Son as novas masculinidades e os señores deconstruídos o novo modelo a seguir? Que opinamos do concepto "espazo seguro"? Existen realmente estes espazos? Atoparás a resposta a todas estas preguntas e máis neste novo episodio das Womansplainers, agardámoste!…
O episodio desta semana é sobre un tema que tem xerado debates acalorados: o movemento trad wife. O que significa iso de ser unha esposa tradicional nos días de hoxe? Como isto entra en conflito coas conquistas feministas que redefiniron o papel da mulher na sociedade? Baixo unha lente crítica e feminista, cuestionando “escollas libres” e explorando os discursos de romantización chegamos para abrir a nosa, nin máis nin menos, quinta temporada!…
Que é un incel? De onde saen e como chegan a selo? En que grupo de idade atopamos máis incels? No episodio desta semana mergullámonos nas profundidades de internet da man da Uxía Castro, xornalista e feminista curtida no mundo das redes sociais. Falamos da machosfera, dos seus ídolos, referentes e estándares de comportamento a seguir. Investigando o contraditorio mundo incel analizamos o papel da muller como obxecto de odio e de desexo, a preocupante realidade do “terrorismo incel” e a misoxinia, machismo e racismo como elementos transversais que sosteñen a ideoloxía desta comunidade.…
Neste último episodio das Womansplaners contamos coa colaboración de María Calvo, oceanógrafa e divulgadora científica. O mar é vasto e o tempo é pouco, pero abordamos ao noso xeito cuestións como a preservación do medio mariño e o que pode interferir levar a nosa mascota á praia, apañarmos esa cuncha tan vistosa que encontramos ou irmos a unha festa gastronómica. Algúns destes puntos entroncan co tema do impacto do turismo. Trátase realmente dun motor económico? É verdade que algunhas vilas non poderían subsistir sen turistas? E falando de existencia e subsistencia, non podíamos esquecer a mudanza climática e a subida do nivel do mar, que tantas consecuencias van ter para nós.…
Despois do noso episodio coa escritora Pati Janeiro, esta semana abrimos o libro por outra páxina coa editora de Cuarto de inverno, Andrea Jamardo. Adicamos a primeira parte do episodio a falarmos de libros que son prohibidos ou censurados e dos moitos motivos que pode convertir un libro en proscrito, desde o puritanismo até unha ortografía minoritaria, pasando por familias demasiado preocupadas pola inocencia dos seus fillos adolescentes. Son caros os libros galegos? Son galegos todos os libros que se publican en galego? Discutimos o prezo que pagamos as lectoras, que calidade recibimos a cambio e onde vai ese diñeiro. Escoitade a segunda parte deste episodio para podermos pasar páxina!…
Esta semana celebramos o Día das Letras acompañadas da escritora Pati Janeiro, a nosa serióloga de confianza. Rosmamos sobre as lecturas obrigadas dos institutos, sobre os señores que presumen de que tiveron que ler a Otero Pedrayo en 4º de EXB e de clásicos que non se revisan desde a Lei de Villar Palasí. Repasamos os libros en novos formatos -audiolibros, libros electrónicos e outras maneiras de ler- ademais de toda a competencia que teñen os libros tradicionais no lecer das novas xeracións e pescudamos as cifras detrás dos laios de que agora xa son publicadas autoras. Coma sempre, non mordemos a lingua coas nosas opinións: somos coma un libro aberto!…
No episodio desta semana espímonos da man da nosa convidada Ludy, practicante do naturismo dende hai media vida e membro da Asociación Nudista de Galicia (NaturiGal) . Comezamos facendo un breve percorrido pola historia do movemento naturista na Galiza e aprendemos cal é a diferenza entre nudismo e naturismo. Cales son as vantaxes e inconvintes de practicar nudismo? Que impacto ten sobre a autoimaxe de quen o practica? Sexualización, perda de espazos propios e a incógnita do recambio xeracional son algunhas das preocupacións habituais entre as practicantes do nudismo, mais cales son os novos desafíos aos que ten que enfrotarse este colectivo? Descubrídeo neste novo episodio das Womansplainers!…
No episodio máis recente das Womansplainers abordamos o mundo da cultura do alcohol. Discutimos os impactos que esta substancia ten na nosa sociedade e como está tan integrada ata o punto de ela ser un cohesionador social. A liberdade é realmente poder tomar unhas cañas nunha terraza tal como nola pinta certo sector político? As persoas deciden libremente beber? E que acontece con aquelas que non beben? Con un ton descontraído e sen queríamos ditar moral, convidámosvos a unha reflexión sobre a vosa propria relación co alcohol.…
Pasou case un mes sen episodio das Womansplainers! Esperamos que ao contrario que a Sara Montiel non nos agardasedes fumando. E é que desde 1990, as mortes por cancro de pulmón en mulleres se multiplicaron por catro. Con estas cifras sobre a mesa, por que é que a xente continúa a fumar ou por que comeza a facelo? E que peso teñen os vapers no achegamento da infancia e da adolescencia ao tabaco? Adoitan dicir que agora as mulleres fuman máis que os homes. Canto hai de verdade nesta afirmación? Como é a fenda de consumo por xénero e por idades? E levan algo de razón os que contan que xa deixou de sentirse o efecto da Lei do Tabaco? Falamos de aulas cheas de fume, de volver á casa -ou incluso saír xa dela- cheirando a fume, de adicción, de pracer e das nosas dicas sobre música, libros e filmes ao redor do tabaco.…
Välkommen till Player FM
Player FM scannar webben för högkvalitativa podcasts för dig att njuta av nu direkt. Den är den bästa podcast-appen och den fungerar med Android, Iphone och webben. Bli medlem för att synka prenumerationer mellan enheter.