Programa1428
MP3•Episod hem
Manage episode 454367740 series 2775978
Innehåll tillhandahållet av Podcast de Corcovadomusica. Allt poddinnehåll inklusive avsnitt, grafik och podcastbeskrivningar laddas upp och tillhandahålls direkt av Podcast de Corcovadomusica eller deras podcastplattformspartner. Om du tror att någon använder ditt upphovsrättsskyddade verk utan din tillåtelse kan du följa processen som beskrivs här https://sv.player.fm/legal.
Edición número 1428 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 6 de decembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 7 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 11 de decembro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 14 na sintonía de Rádio Filispim. A artista e etnomusicóloga lucense Carme López vén de editar “Vinde todas”, un traballo de acentuada natureza tradicional onde o popular e o contemporáneo se hibridan de xeito creativo e convincente. Carme López asina este disco como Carmela, marcando unha sorte de hiato entre o seu traballo como compositora de música experimental e a súa actividade centrada na tradición. Velaiquí un dos puntos rupturistas da súa actividade artística: en marzo do presente 2024, Carme López publicou “Quintela”, un disco de música contemporánea onde a gaita é sacada da súa zona de confort para convertirse no protagonista dunha música de natureza ambiental e, por momentos, minimalista. No programa desta semana escoitamos pezas dos dous discos, contrastando moitas das súas virtudes. Preséntovos, ademais, o primeiro adianto do novo disco de De Ninghures, o cal chegará ás tendas na primeira metade do vindeiro ano. Escoitamos a seguir a Catuxa Salom antes de entrar na recta final do programa, que adicamos a diferentes propostas jazzísticas. Falamos en primeiro termo da xira galega de David Regueiro. Completamos o programa con Hilario Rodeiro e co trío formado por Xosé Miguélez, Abe Rábade e Matt Otto.
…
continue reading
70 episoder