Programa1418
MP3•Episod hem
Manage episode 442505908 series 2775978
Innehåll tillhandahållet av Podcast de Corcovadomusica. Allt poddinnehåll inklusive avsnitt, grafik och podcastbeskrivningar laddas upp och tillhandahålls direkt av Podcast de Corcovadomusica eller deras podcastplattformspartner. Om du tror att någon använder ditt upphovsrättsskyddade verk utan din tillåtelse kan du följa processen som beskrivs här https://sv.player.fm/legal.
Edición número 1418 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 27 de setembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 28 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 2 de outubro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 5, tamén de outubro, na sintonía de Rádio Filispim. O Narci Rodríguez dA Trío está de volta con “The Glitch: Suite for the Sad Young Men”, o seu quinto traballo discográfico. Dámos nel coas habituais marcas de identidade do proxecto: complicidade máxima entre os membros do grupo, texturas musicais procedentes do soul, do jazz e do rhythm and blues e moitísimo groove. Contaron, para gravar o disco, coa colaboración ás voces de, entre outras, De Vacas e Diana Tarín. Velaiquí o noso disco destacado da semana. Aproveitando que entramos de cheo no mundo da fusión, adicamos todo o programa a propostas que van do pop independente ao jazz, sen nos esquecer da experimentación contemporánea. Preséntovos diferentes novidades, tanto sinxelos como discos recentemente publicados. É o caso das bandas suízas Orchestre Tout Puissant Marcel Duchamp e Ali Dada, mais tamén do batería alemán Silvan Strauss e do guitarrista afincado en New Orleans Brian Gitkin. Completamos o programa coa música expansiva do finlandés Jimi Tenor e con Lutz Krajenski, quen vén de editar a través de Agogo Records o seu segundo disco adicado ao órgano Hammond. Temos tempo, ademais, para adiantar parte do novo disco do artista de Rio de Janeiro Momo.
…
continue reading
70 episoder