Programa1425
MP3•Episod hem
Manage episode 450526356 series 2775978
Innehåll tillhandahållet av Podcast de Corcovadomusica. Allt poddinnehåll inklusive avsnitt, grafik och podcastbeskrivningar laddas upp och tillhandahålls direkt av Podcast de Corcovadomusica eller deras podcastplattformspartner. Om du tror att någon använder ditt upphovsrättsskyddade verk utan din tillåtelse kan du följa processen som beskrivs här https://sv.player.fm/legal.
Edición número 1425 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 15 de novembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 16 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 20 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 21 na sintonía de Rádio Filispim. O dúo de Xixón Pauline en la playa ten sobre as súas costas unha dilatada carreira. Neste programa prestámoslle atención, sobre todo, ao disco “Física del equipaje” (2010). Era un traballo convincente, cheo de referencias ao cancioneiro popular, cunha sensibilidade especial para as letras, as harmonías e os arranxos melódicos. Pauline en la playa teñen, nesta altura, novo disco. Leva por título “Los días largos”, e foi oficialmente editado o pasado 8 de novembro. No programa desta semana descubrimos o nivel musical do seu novo repetorio. Estréovos, ademais, o novo e sedutor disco de Massama Dogo. Dogo montou en Lomé a súa nova banda, os Alagaa Beat, para gravar un disco fondo, sincrético e emocionante. Enlazámolo coas novas canción das bandas Mocho Gris e The Breath antes de nos centrar, na parte final, en discos brasileiros publicados ao longo das últimas semanas. Escoitamos os novos proxectos da Nomade Orquestra, Ayom e Momo.
…
continue reading
70 episoder