4X07| Rueda: O perfil técnico que chegou a ser presidente
MP3•Episod hem
Manage episode 394750876 series 3313652
Innehåll tillhandahållet av Carretando. Allt poddinnehåll inklusive avsnitt, grafik och podcastbeskrivningar laddas upp och tillhandahålls direkt av Carretando eller deras podcastplattformspartner. Om du tror att någon använder ditt upphovsrättsskyddade verk utan din tillåtelse kan du följa processen som beskrivs här https://sv.player.fm/legal.
En plena precampaña electoral e coa crise dos microplásticos marcando a axenda, Carretando achégase á figura do presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela. Do "non te metas en política" de seu pai, a ser presidente logo de case tres lustros ocupando postos institucionais de relevancia. Rueda enfróntase agora ao seu primeiro gran reto electoral: revalidar a maioría absoluta que lle deixou o seu predecesor, Núñez Feijóo. As figuras dos dous últimos presidentes do país están moi ligadas, xa que sempre foi o seu home de confianza, o seu número dous, co que levaron de novo o PP á Xunta coa famosa campaña do 2009. E así, cando Feijóo "o previsible" decidiu marchar a Madrid, as quinielas soamente apuntaban un nome. Da man de Carlos Punzón, de La Voz de Galicia, e David Lombao, de praza.gal, trazamos o perfil deste burócrata de segunda liña que agora ten que poñer a súa cara nos carteis o #18F. Sube connosco nesta nova viaxe :)
…
continue reading
36 episoder