Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
…
continue reading
1
👋A DESPEDIDA👋 con Nico, Carme e Adrián
1:05:10
1:05:10
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:05:10
Chegou o momento. Presentamos o derradeiro programa do Café Derby 21 e nesta ocasión somos os nosos propios convidados. Contamos con algunhas das vosas preguntas e tamén nos sinceramos sobre algúns aspectos dos que quizais quedaba algunha dúbida. Pero todo se resume nesta última hora de conversa con Adrián, Carme e Nico parolando sobre 👋A DESPEDIDA…
…
continue reading
Chegamos ao noso último programa con convidado, xa que esta temporada remataremos dun xeito distinto. E, como xa sabedes, tamén ao final do podcast. Lembrade que celebraremos un derradeiro Café Derby 21 o xoves 27 de xuño, ás 19:30 horas no Riquela Club, en Santiago de Compostela. Como somos moi de pechar ciclos con significado, quixemos contar co …
…
continue reading
No noso novo programa subímonos ao escenario e poñémonos dramáticos para tratar os grandes temas da vida e... falar de Manuel Fraga. En concreto, de Iribarne, a obra de teatro que está dando a volta a Galicia, esgotando entradas alí onde vai e converténdose en todo un fenómeno popular. Para parolar sobre 🎭O TEATRO🎭 contamos coa actriz Lidia Veiga, …
…
continue reading
1
🔙O PASADO🔙 con Fillas de Cassandra
58:54
58:54
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
58:54
Son moitas as persoas que pedían este momento e por fin podemos confirmar que se fixo real: Fillas de Cassandra no Café Derby 21! Atopámonos co dúo galego logo do seu masivo concerto en Santiago de Compostela ante miles de persoas. Aínda con folgos, tiveron todo o ánimo para falar sobre 🔙O PASADO🔙. Con Fillas de Cassandra parolamos das herdanzas e …
…
continue reading
Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ❤️O AMOR❤️. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore, amigo histórico do Café Derby 21…
…
continue reading
1
💥IMPROVISAR💥 con Lucía Veiga
1:06:25
1:06:25
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:06:25
Pode parecer que traballamos sen escaleta e sen texto preparado, pero iso non é de todo certo. Levamos anos deixando oco ao incerto e a que todo aconteza, polo que desenvolvimos unhas certas habilidades. Por iso, neste programa xuntámonos coa actriz, presentadora e cómica Lucía Veiga para 💥IMPROVISAR💥 e falar de humor, da vida e de ligar. Logo de g…
…
continue reading
1
🔎O MISTERIO🔎 con Arantza Portabales
58:33
58:33
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
58:33
Logo de varias semanas de incógnitas, nos últimos días moitos misterios foron desveleados, algúns positivos e outros non tanto. Para achegarnos á máxima actualidade no campo da investigación e resolución de incógnitas, neste programa contamos coa escritora e dama da novela negra, Arantza Portabales. Xunto a ela repasamos cuestións tan variadas como…
…
continue reading
Que ninguén se deixe enganar polo título deste programa! Xa se tratou abondo a nostalxia e os recordos, por iso quixemos darlle un ollar diferente á materia. Para facelo con motivo e con consello experto, neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias, finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut 'Os espazos en branco'. Neste documental, Bruno …
…
continue reading
1
🍺OS BARES🍺 con Leti da Taberna
1:01:27
1:01:27
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:01:27
Saúde para todxs! Esta semana propoñemos un brinde para nós por sacar a diante unhas semanas raras e continuar como se nada. Por iso, quixemos contar coa opinión dunha experta na comedia, na arte de vivir e dos lugares onde se brindan. Dámoslle a benvida a Leti da Taberna para parolar sobre 🍺OS BARES🍺. Xunto a ela repasamos a nosa traxectoria vital…
…
continue reading
1
🗳️ AS ELECCIÓNS 🗳️ con Iván Iglesias
1:02:59
1:02:59
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:02:59
ÚLTIMA HORA: Galicia vai a eleccións o #18F. Aínda non sabías nada disto? Quizais eras a última persoa do país. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no Café Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador político e director de Ou Ké!, Iván Iglesias para p…
…
continue reading
Aínda que somos persoas que apostan por dialogar e falar de calquera tema con calquera convidado, ás veces é preciso contar con expertos na materia que senten cátedra e falen con coñecemento pleno. Por iso, para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao 🤙BO ROLLO🤙 e parolamos con Samuel e Matías, de The Rapants, que presentan o seu próximo di…
…
continue reading
Aínda que parecía non chegar, aquí está: EPISODIO NÚMERO 100 DE CAFÉ DERBY 21. Celebramos o noso centenario (esta foi a grabación número 100) dun xeito simbólico e que nos leva de novo á nosa orixe. Efectivamente, volvemos ao online pero por un bo motivo, a nosa convidada vive en Italia. E con ela tamén logramos un fito: a primeira persoa do Deport…
…
continue reading
No primeiro episodio de 2024 queremos recoller as emocións e vivencias das últimas semanas de tolemia festiva. Achegámonos ata un dos nosos lugares de calma, o Café Universal, na Coruña, para parolar sobre algo esencial e moi presente nestes días: 🏠 O FOGAR 🏠. Para abordar semexante tema, contamos cun dos escritores galegos máis celebrados en 2023 …
…
continue reading
Pechamos este ano 2023 cun episodio moi especial para nós porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Achegámonos ata Santiago de Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew, en concreto con Sokram porque se nos xuntamos todos poderíamos xogar ao fútbol sala, banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego. Logo dunha …
…
continue reading
Neste aínda 2023 non podía faltar un programa* cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e, antes que nada, brindamos pola súa Concha de Oro no Festival de San Sebastián grazas a O …
…
continue reading
1
😭A TRISTEZA😭 con David Fidalgo
1:06:29
1:06:29
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:06:29
Sección Intersección (02:19) Café Derby 21 con David Fidaldo (14:45) Para este programa tivemos o pracer de formar parte do festival Intersección, o festival de cine internacional da Coruña. Nesta ocasión, o noso convidado é o cineasta, animador e artista visual David Fidalgo, que está tendo unha feliz temporada de festivais e premios con 'Sandwich…
…
continue reading
Achegámonos de novo ata Santiago de Compostela, aínda que só dúas partes das tres que compoñen o Café Derby 21 chegaron ata a estación de tren. Quen falta e por que? No programa resólvese o misterio. Quen non faltou foi o noso convidado, alguén a quen tiñamos moita gana de escoitar e que parolase con nós: MONDRA. Un dos fenómenos musicais deste ano…
…
continue reading
1
⌛PASAR O TEMPO⌛ con Berta Dávila
1:00:38
1:00:38
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:00:38
OLA!!!!! Boas, como andamos? Café Derby 21 volve para unha 4ª temporada, era inevitable. Logo dunhas vacacións merecidas e semanas invisibles de traballo, rachamos o noso silencio para facer o mellor comeback posible: REVISITARNOS A NÓS MESMXS. Por iso, no primeiro programa desta nova temporada falamos de ⌛ PASAR O TEMPO ⌛ coa nosa madriña, a nosa …
…
continue reading
1
🧍O HUMANO🧍 con Lucía Estévez e Miguel Canalejo - PROGRAMA ESPECIAL FICBUEU
54:53
54:53
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
54:53
Para acurtar a espera ata que volvamos de vacacións de verán, lanzamos este programa especial feito en directo desde o FICBUEU cos cineastas Lucía Estévez e Miguel Canalejo, participantes na sección GZ_00 coas súas curtas O Neno Sardiña e O Coidado. En compañía, falamos sobre unha cuestión que atravesaba todos os traballos seleccionados como repres…
…
continue reading
Os tempos son chegados e como avisamos semanas atrás, a terceira temporada do Café Derby 21 chega ao seu fin. Como non podía ser doutro xeito epara estar á altura dun ano tan tolo como 2023, deixamos un programa histórico para a memoria e como peche perfecto a tantas semanas mantendo o nivel. Por iso, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia para …
…
continue reading
Esta semana estreamos o penúltimo programa da tempada e achegámonos ata Santiago de Compostela, con vistas á Cidade da Cultura desde a terraza do Balcón das Brañas. Rompemos o noso día a día para falar, precisamente, sobre 🗓️A RUTINA🗓️ coa amiga do programa e creadora de contido: Sara Seco. Repescamos o acontecido no Petiscos no Derby, dispoñible e…
…
continue reading
1
🚌A DISTANCIA🚌 con Yolanda Castaño
1:04:20
1:04:20
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:04:20
Neste programa celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito especial ou, mellor dito, en compañía dalguén especial, unha icona pop e poeta das que figuran nos temarios de bacharelato e oposicións: Yolanda Castaño. Tomando como inspiración os anos de silencio editorial e distancia entre poemarios na súa obra, e grazas ao feito de que é veciña de Ni…
…
continue reading
1
1️⃣PRIMEIRAS VECES1️⃣ con Carlangas
1:03:04
1:03:04
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:03:04
Esta semana achegámonos ata Vilalba, capital da chairega por excelencia, para gravar o Café Derby 21 como parte da programación do Festival Independente de Vilalba, o FIV, que para nós xa é un espazo querido. Alí, xunto ao afortunado público que gañou as entradas por sorteo, conversamos con Carlangas (alias Carlos Pereiro, ou viceversa), que vén de…
…
continue reading
1
😊OS SENTIMENTOS😊 con Ismael Ramos
1:08:57
1:08:57
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:08:57
Esta semana sentamos arredor dunha mesa no Café Universal, na Coruña, para abrirnos en canle e compartir algunas das nosas historias persoais ao tempo que unimos as experiencias con referentes que adoramos. Por suposto, este programa tiña que chegar. Falamos sobre os SENTIMENTOS co laureado poeta e amigo do programa, Ismael Ramos, poñendo o corpo p…
…
continue reading
1
💪A MATRIA💪 con María Vázquez, Álvaro Gago e Susana Sampedro
47:09
47:09
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
47:09
Para o programa desta semana fixemos unha viaxe dobre: ata a costa, pola zona de Arousa, e ao noso interior, preto do corazón e a alma. Así é como nos sentimos logo de ver o filme Matria, que está arrasando en cinemas e non podía faltar nesta temporada do Café Derby 21. Un dos fitos culturais deste 2023. Para achegarnos ao que significa 💪A MATRIA💪 …
…
continue reading
1
🍴A SOBREMESA🍴 con Jorge Guitián
1:08:00
1:08:00
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:08:00
Este programa é especial, único na súa especie! Collemos o coche a arrincamos en ruta pola provincia da Coruña para facer o que máis nos gusta: comer e falar. Para esta reportaxe sonora e dialogada, sentamos no Coffee Mori co crítico gastrónomico, escritor e historiador da arte, Jorge Guitián, para parolar arredor do concepto da 🍴SOBREMESA🍴 e gastr…
…
continue reading
Recuperamos a presencialidade logo de dous programas nos que volvemos ás nosas orixes e para celebrar a nosa xuntanza de novo, aproveitamos para falar dese tema que nos une a todxs e que foi semente deste podcast: 💝A AMIZADE💝. E para tratar este tema tivemos que tirar de axenda e rescatar a unha convidada e amiga do programa que repetiu, aínda que …
…
continue reading
Rematamos o noso retorno ao telemático traendo boas novas e prometendo grandes anuncios proximamente (moi proximamente), pero ademais coa resaca dun Entroido moi necesario para todos que nos inspirou fondamente para este programa. Porque o Entroido ten os mesmos elementos que unha boa diva: espectáculo, estética e música de calidade. Para falar, pr…
…
continue reading
Esta semana chegamos cun lixeiro retraso, pero todo queda xustificado polas moitas noticias que están por vir nas vindeiras semanas. Como a nosa mesa de son aínda está no taller, tivemos que volver momentáneamente (e para o noso pesar) ao telematico. Para aliviar este feito, contamos cunha persoa que rachou a cuarta parede experto niso de comunicar…
…
continue reading
Esta semana achegámonos ata Santiago de Compostela para falar co actor Diego Anido, candidato ao premio Goya por As Bestas e rostro fundamental da interpretación en Galicia, no Coffee Mori. O tema da conversa xira arredor, precisamente, das 👹BESTAS👹, da “bestalidade“, da brutalidade, da ira e o enfado, de todo aquilo que nos convirte en bestas. Por…
…
continue reading
1
✨A FANTASÍA✨ con Alberto Vázquez
1:01:59
1:01:59
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:01:59
Xa que cada persoa ten a capacidade de imaxinar e crear novos espazos, criaturas e relatos, podemos dicir que a Fantasía é un elemento común do ser humano. A Fantasía pode ser una mentira preciosa, ben vestida, ou unha historieta para entreterte, pode ser unha narración coidada e longa sobre un reino máxico afastado ou un relato actual sobre os soñ…
…
continue reading
1
⚡O ROMPEDOR⚡ con Lúa Mosquetera e Anxela Baltar de BALA
57:27
57:27
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
57:27
Esta semana puxémonos en modo fogar e non marchamos a ningún directo, senón que recibimos na casa a dúas convidadas coas que tiñamos moitas ganas de parolar. Foi complexo decidir cal concepto foi no que afondamos ao longo da conversa deste programa porque, de certo, abríronse varias frontes de distinto tipo. Para poñer remedio a isto, cremos que do…
…
continue reading
Hai poucas cousas que todas as persoas teñan en común, pero as ganas de pasalo ben e gozar dunha boa troula é unha delas. Unha troula hipotética, diferente a cada gusto, pero que signifique divertirse e liberarse a un mesmo tempo. Neste programa parolamos co xornalista e escritor Fran P. Lorenzo, que presenta o seu novo libro A Festa Equivocada, un…
…
continue reading
Pantasmas, zombies, regresados, vampiros, meigas, demos, dragóns... Vivimos rodeados de narrativas sobrenaturais e moitas veces non nos damos nin de conta. Moitas festas, como o Entroido, teñen a súa base nesas experiencias místicas relacionadas co paranormal ou con criaturas que nada se lle achegan á evolución científica. Pese a iso, a xente posúe…
…
continue reading
Os tempos son chegados e, como eles, nós tamén chegamos ata Lugo, finalmente! Viaxanos ata a cidade amurallada para conversar coa artista e autora gráfica Alicia Pena, lucense afincada en Suecia que vén de publicar o seu debut «Gallina Clueca», na Libraría Trama. Con motivo da estrea literaria desta historia sobre a maternidade, os procesos reprodu…
…
continue reading
1
🕊️A LIBERDADE🕊️ con Clara Roquet e Carla Andrade
48:58
48:58
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
48:58
Neste programa achegámonos ata o festival Curtocircuíto en Santiago de Compostela para palorar e reflexionar sobre a liberdade coas cineastas Clara Roquet e Carla Andrade, xurado e participante na sección Planeta GZ respectivamente. Experimentamos un pouco co formato debido a unha cuestión técnica, pero a esencia prevalece. Para falar de liberdade …
…
continue reading
1
😈A INIMIZADE😈, con Lucía Estévez e Miguel Canalejo
59:05
59:05
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
59:05
😈Estamos de volta😈 Logo dun fin de temporada inesperado, queremos retomar o fío que alí tendemos. As persoas privilexiadas puideron escoitar o noso programa adicado á amizade, por iso agora queremos facer o oposto. Abrimos a terceira tanda de Café Derby 21 parolando en directo no Café Universal da Coruña sobre: 🔥A INIMIZADE🔥 Para iso contamos con p…
…
continue reading
1
Patri e Veva, mulleres creativas e os colares de neta e avoa
1:05:38
1:05:38
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:05:38
Nesta nova onda de atender á tradición pódese caer no risco de esquecer a historia máis aló do estético e do artístico. Sen o trasfondo humano de quen crea non hai renovación posible. Por iso esta semana achegámonos ao oficio tradicional das colareiras dun xeito especial. En riguroso directo desde o auditorio do Grove e como parte do festival Mulle…
…
continue reading
1
Alba Doval, os non lugares e ir de "resort"
56:29
56:29
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
56:29
En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as familias, os medos, os caseiros e os demos no corredor a escuras. Sobre a importancia dos fogares e lugares vitais parolamos coa po…
…
continue reading
1
Meiga-i, transformismo e cosmopaletas
59:01
59:01
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
59:01
As fantasías son sinónimos dos soños, do que resulta difícil ou imposible de cumplir por diferentes motivos. Pertencen, por tanto, ao universo da imaxinación e do mitolóxico. Dan resposta a preguntas e necesidades internas e inherentes ao ser humano. Aínda que hai outro tipo de fantasía, unha máis de cotío, que se representa sobre escenarios e que …
…
continue reading
1
Gabri Fuentes, FOMO e a necroporra de Isabel II
59:52
59:52
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
59:52
Din que a vida poder mudar nun só segundo, que toma iso e menos para que todo vaia a mellor ou peor. Nos tempos actuais de atención limitada os segundos costan como o ouro e canto máis se acumulan, máis valor collen. Son moitos os formatos no que o tempo toma parte: da eternidade dun cadro aos 15 segundos dun TikTok. Pero na adaptación está o secre…
…
continue reading
1
Xosé A. Touriñán, viaxar para comer e as marionetas perdidas
57:23
57:23
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
57:23
Case poderíase afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E do mesmo xeito afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades…
…
continue reading
1
Helena Girón e Samuel Delgado, Eles transportan a morte e a cabeza de Colón
55:09
55:09
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
55:09
Hai episodios da Historia que deliberadamente permanecen agochados baixo as grandes narrativas que vertebran o pasado de persoas, países e sociedades. Unha data fundamenta nos libros desa materia na escola é 1492, fin de ciclo e apertura a un Novo Mundo para o Vello Continente. Pero tanto antes como despois de chegar a América, houbo probas, ensaio…
…
continue reading
1
Bernardo Pajares, Arte Compacto e o retrato de Chayanne
1:04:01
1:04:01
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:04:01
Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para comprender a simboloxía ou trascendencia dunha obra. Se temos sorte e tempo, pode ser que na sala do museo no que nos atopemos alguén s…
…
continue reading
1
Lucía Regueiro, telerrealidade e os xemelgos das reformas
1:05:36
1:05:36
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:05:36
Hai cousas que sintes ou pensas pero que non comentas en alto para non quedar como ególatra, pero unha das máis raras e que todas as persoas (aínda que o neguen) matinaron é se nos están gravando, se ese oco na parede é unha cámara. Se esta vida, este momento, é entretemento para outra xente, quizais marcianos, que nos observan como un espectácul, …
…
continue reading
1
Tamara Pazos, Neurociencia e criar células como fillas
1:04:25
1:04:25
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:04:25
Vvivimos toda vida acompañadxs por un gran descoñecido. Vai con nós a todas partes, pasando desapercibido, sen que salten as nosas alarmas. Está, de feito, dentro de nós e non no sentido espiritual. Falamos do cerebro, esa máquina perfecta que segur sendo un misterio. Esta semana a divulgadora científica Tamara Pazos (coñecida como Putament_) acheg…
…
continue reading
1
Belén Puime, Pringadas e namorar no autobús 15
1:01:40
1:01:40
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:01:40
O amor aparece, como din aquelas que o teñen, nos lugares máis inesperados. Nos filmes así o amosan, dá igual que agardes por el ou non. O amor chegará onde e cando menos penses que está. Pode que apareza, inclusive, no autobús urbano liña 15 de Santiago de Compostela, o bus das universidades. Con iso fantaseaba Belén Puime, creadora da serie Pring…
…
continue reading
1
Carlos Meixide, literatura erótica e o touro de Joselito
1:02:12
1:02:12
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
1:02:12
Que ler é un pracer (a quen lle guste), xa o sabíamos. É un pracer que enriquece, do que te levas algo. Xeralmente en todos os días placeres te levas algo: o gozo. Hai que reivindicar tamén esa literatura que non quere ser intelectual, que quere divertirse e facer de ti alguén máis entretido. Parolamos xunto ao xornalista e escritor Carlos Meixide …
…
continue reading
1
Balea Vermella, Ciencia e negacionistas dos mares
59:07
59:07
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
59:07
Vivimos no tempo da información e do acceso a ela, de ter o coñecemento na man practicamente. Pero esta hiperconexión tamén influé no espallamento de teorías que lles din «alternativas». O que os de fóra chamamos: negacionismo. Nas últimas semanas houbo incluso quen negou que os mares e océanos sexan reais. Son, según eles, bloques para manter á xe…
…
continue reading
1
Alfonso Zarauza, Malencolía e os premios decapitados
57:54
57:54
Spela senare
Spela senare
Listor
Gilla
Gillad
57:54
Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros. Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque e…
…
continue reading